O acto consistiu na presentación do libro Poemas alumeados -que contén 14 poemas do autor- (editorial Figurandorecuerdo(s)edicións); unha exposición dos orixinais que ilustran o libro, e a actuación -unplugged- do noso grupo musical DOA que interpretou temas do seu último traballo A fronda dos cervos -adicado aos trobeiros galaico-portugueses, Afonso X, Códice Calixtino e adaptacións propias da música medieval de Galicia-. A homenaxe rematou coa plantación (por cuarto ano consecutivo) dunha planta de ruda e un allo verde ao pé da estatua que Luís Seoane ten na súa praza. Vía Xoan Piñón blog.
OITO TESTAS E DEZ PAIXASES,
EDICIÓS CUCO-REI
A CRUÑA - BUENOS AIRES.
DISTRIBUE EDICIOS DO CASTRO.
O CASTRO- SADA- A CRUÑA.
Album composto de 18 grabados, rematouse de imprentar pra Ediciós de Cuco-rei, o 20 de agosto de 1973 na imprenta Moret, Marqués de Amboaxe, 16, a Cruña.
A edición consta de 100 exemplares numerados e firmados polo autor...
Velaiquí esta fermosa carpeta de gravados asinados en plancha. Mide 20 x 25 cm. Custa 2500 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario